O sábado 22, a mollarse na praia do Tanxil

O sábado 22, a mollarse na praia do Tanxil

14 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

"Móllate polo galego". Baixo ese lema os medios integrantes de Vitaminas para o galego convocan unha xornada que se celebrará o sábado dia 22 ás 16,30 horas na praia do Tanxil en Rianxo. Quérese congregar alí a xente disposta a darse un baño, homes e mulleres, nenos e nenas convencidos de mollarse polo galego. Ademáis ábrese un certame fotográfico con ese mesmo lema.O Concello de Rianxo agasallará &aacute

Para participar no concurso débese enviar a foto máis orixinal que se lle ocorra co lema da campaña "Móllate polo galego" (e derivados: "eu móllome polo galego", por exemplo) ao correo electrónico mollate@vitaminasparaogalego.gl, o cal redireccionará esa foto a un muro de Facebook da campaña e a un blog. Alí os usuarios poderán votar pola foto máis orixinal inda que a decisión final para outorgar os premios será do xurado composto por integrantes de Vitaminas para o galego.

Premios

O primeiro premio será unha noite de aloxamento na casa rural A Pousadoira, de Callobre, en Miño (A Coruña) -www.pousadoira.com- a convir no mes de outubro cos que rexentan este establecemento que tamén se molla polo galego.

O segundo premio é dun centro de ensino e academia Informática Castelao, que doa un tablet para mollarse polo galego.

O terceiro premio é unha sorpresa que se dará a coñecer o sábado 22 de setembro, no reparto de camisolas na praia de Tanxil a partir das 16:30.

Tipo de fotos

Premiarase a orixinalidade da imaxe -que se pode facer con calquera tipo de cámara, só ten que ser enviada en soporte dixital ao correo citado- e o esforzo ou risco que a autora ou autor da mesma empreguen. Trátase de alcanzar a maior "viralidade" posible na Rede, polo que, entre outras ideas, lánzase a de poñerlle a camisola co lema da campaña a alguén famoso que se implique co idioma, ou facer o lema para a imaxe con materiais orixinais e que teñan que ver coa auga e as molladuras. As fotos poderán enviarse entre o 13 e o 30 de setembro.

Sociedade