O Salón Nupcial de Branco, converte en realidade a voda dos teus soños

O Salón Nupcial de Branco, converte en realidade a voda dos teus soños

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quen queira casar ten unha cita esta fin de semana na Feira de Mostras de Ferrol. Mañá venres ábrese alí o Salón Nupcial de Branco, con todo o necesario para organizar unha voda espectacular. O VIII Concurso de Novos Deseñadores que cada ano organiza FIMO e patrocina a Cámara de Comercio de Ferrol, coincidindo co Salón Nupcial de Branco, volve cumprir un ano máis o desexo dos novos creadores de ter un espazo desde o que dar a coñecer as s

Cando aínda non se pechou o prazo de inscrición para participar neste certame, rexistráronse xa unha quincena de solicitudes de participación de estudantes de deseño de moda e/ou deseñadores con non máis dun ano de exercicio profesional, que recorren ao escaparate do Salón Nupcial de Branco, para darse a coñecer ao gran público.  

Entre o venres, 16 de Outubro e o domingo, 18, todos os inscritos disporán dunha caseta na exposición comercial de de Branco para que o público visitante do salón poida ver de cerca as características dos deseños presentados a concurso. O día grande para estes creadores noveis será o domingo día 18, posto que para esa xornada programouse un desfile das creacións participantes ante a atenta mirada dos expertos que conforman o xurado, que dará a coñecer o seu fallo ao longo do mesmo domingo.

O venres a partir das cinco a pasarela adícase aos padriños e madriñas. O día grande para as noivas e noivos é o sábado. Rematarse o pase cunha representación dunha voda civil con música clásica de Mihail Mariatov.

A Cámara de Comercio, patrocinadora deste Concurso, distribuirá entre os cinco mellores deseñadores preto de 6.000 euros en premios.

Sociedade