ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar celebra a súa edición número 13 dende esta xornada e ata o domingo no recinto feiral Expourense da cidade das Burgas. O evento conta con 133 expositores (un 2% máis que na edición de 2011) que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan os 18 restaurantes -máis da metade galegos- que ofrecerán 30 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 32 euros baseados
Xurdido co propósito de promocionar o turismo a través da gastronomía, Xantar será un escaparate das máis de 300 Festas Gastronómicas celebradas en Galicia, en especial daquelas consideradas de Interese Turístico, como é o caso do san Froilán de Lugo, a Lagosta de A Guarda ou a Lamprea de Arbo, entre outras. O evento, que mesmo aumenta a súa programación a 150 actividades diferentes en cinco días e atrae un maior número de participantes, está plenamente “consolidado”, segundo a voceira da organización, Emma González.
Outro dos protagonistas desta edición será o Entroido, cunha exaltación do grelo e desfiles das figuras senlleiras das festas propias de Galicia Ademais, celebraranse encontros para a promoción da Dieta Atlántica; o congreso das Confrarías Gastronómicas e Enófilas, con participación francesa; e a entrega de premios aos mellores restaurantes galegos e ás mellores iniciativas de innovación, que desta volta recaen no espazo compostelán Abastos 2.0 e na mesa solar para hostalería da empresa Gaélica Solar.
Para atraer visitantes ao salón e á propia cidade de Ourense, Xantar oferta paquetes turísticos que desta volta tiran proveito da nova conexión do tren de Alta Velocidade AVANT que chega á capital provincial dende A Coruña e Santiago. Haberá bonos de Renfe cun 30 por cento de desconto para os que escollan o tren para visitar o salón e mesmo un itinerario pechado que, por pouco máis do prezo do billete permite comer no Salón e participar nas actividades.