ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As gaitas encherán de música este domingo as rúas do casco vello de Lugo. Prepárase o Domingo das Mozas, o dia grande do San Froilán.
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza de novo a que será a XX edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 13 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Os grupos participantes son os seguintes:
Abertal A Rúa
A Volta do Agro Lugo
Arume Boiro
Banda de Gaitas Sons da Chaira Terra Cha
Caivanca Lugo
Cántigas e Frores Lugo
Folquiada Lugo
Lagharteiras Mos
Os Campantes da Baña A Baña
Os de Algures Pontevedra
Raparigos Ferrol
Reviravolta Lugo
Xaora Lugo
Pola mañá os 13 grupos sairán dende a Praza de Santa María ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.
Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.
Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.
É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.
Publica o teu comentario agora