O sector primario protagonista da oferta de ciclos formativos

O sector primario protagonista da oferta de ciclos formativos
30 de Xuño, 2025 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Mugardos non descansa e está dando a coñecer a súa oferta formativa para o vindeiro curso escolar. Mario Soto, xefe do departamento de Agraria do centro mugardés visitou Radio Fene para presentarnos as novidades da oferta formativa prevista para o vindeiro curso escolar.

ESCOITA O PODCAST:

Neste caso coñeceremos as propostas do centro en especialidades orientadas ao sector primario, no que as estatísticas amosan que a empregabilidade é alta demanda de persoas con formación agraria.

Así, para o vindeiro curso o IES de Mugardos oferta, como en anos anteriores, unha PF Básica de Agroxardinaria e Composición florais, dirixida a menores de 16 anos.

A proposta na Formación Profesional Dual Intensiva, que mesturará o período formativo lectivo coa práctica activa en empresas pon a disposición do alumando un Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría e outro de Aproveitamento e conservación do Medio Natural. Eta proposta, pensada para persoas adultas, maiores de 18 anos que, non obstante, podería abrirse a alumnado menor se hai disponibilidade de prazas.

Para implantar a formación en réxime dual intensivo o instituto de Mugardos fixo convenios con varias empresas nas que o alumando completará a súa formación, xa que réxime dual supón que unha porcentaxe da formación do alumnado será no centro escolar e o outra nas empresas. 

Compre salientar que esta modalidade supón que, durante o tempo de formación nas empresas, percibirán un salario e estarán dados de alta na Seguridade Social. Trátase dun modelo formativo no que a implicación das empresas ten moita importancia, tanta que o alumnado terá que pasar unha fase de selección no propio centro educativo no que participarán as empresas colaboradoras co proxecto.

O prazo de presentación de solicitude estará aberto ata o mércores 2 de xullo, aínda que ata o mes de setembro poderase solicitar no caso de que quedaran prazas liberadas e poderá facerse, en todos os casos, de xeito telemático na web da Consellería de Educación. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora