O sentimento galego de María Casares

O sentimento galego de María Casares
23 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O sentimento galego de María Casares aumentou tras a súa xira por Latinoamérica. O seu contacto con Luís Seoane e coa viúva de Castelao fixo que aumentase a súa identificación coa terra. Todos os dias da Patria Galega, recitaba na radio en París, poemas de Curros, Pondal e Rosalía de Castro.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Esther, media irmá de María padeceu cárcere na Coruña despois do golpe de estado de 1936. Permaneceu en liberdade vixiada ata 1955, segundo explica Sabela Hermida. María Casares sempre manifestou un fondo sentimento de pertenza a Galicia, afirma a escritora no seu libro "María Casares fronte ao espello".

Cultura

Publica o teu comentario agora