O Serrat máis íntimo saúda á primavera en Galicia

O Serrat máis íntimo saúda á primavera en Galicia

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O autor de “Mediterráneo” propón unha revisitación íntima do seu cancioneiro coa única compaña da súa guitarra e do piano de Ricard Millares. O primeiro concerto da xira galega será no Palacio da Ópera herculino, o día 29 ás oito do serán. Seguiranlle as actuacións na Sala de Concertos Caixanova de Vigo, o día 31 ás oito e media; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, o 2 de abril tamén ás oito e media do serán.

Cultura