ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene retomou o servizo de recollida de voluminosos, correspondente aos meses de xullo e agosto, e xa comezou negociacións para o servizo permanente a partir do 1 de setembro, data no que Sogama abandona esta tarefa. Malia todo o goberno municipal de Fene ven de presentar unha moción á negativa de Sogama de recoller os enseres do concello. A moción presentada esta semana debateráse no seguinte pleno.
Onte pola tarde quedaba resolto o servizo de recollida de voluminosos para os veciños e veciñas de Fene parado ante a negativa de Sogama para recoller os enseres depositados polos feneses/as (colchóns, mobles).
Parte da recollida de xullo, que non se puido realizar, se retomará de inmediato. O edil de Obras e Servizos, José Antonio López, reuníase onte con membros da empresa que durante o mes de agosto se farán cargo dos servizos pendentes de xullo e os do presente mes.
Trátase dun xestor autorizado, co que o goberno municipal están a realizar tamén as primeiras negociacións de cara a realización dos servizos de recollida a partir do mes de setembro. Pola súa banda, o Alcalde de Fene Iván Puentes declarou que ó principal obxectivo era non deixar este servizo sen funcionamento.
A pesares de todo os socialistas continuarán coas demandas solicitadas á Xunta. Reclaman medidas como a instalación no concello de Fene e Cabanas do punto limpo de Vilar do Colo, a incentivación da construcción de puntos limpos nos concellos onde aínda non existan, por a disposición dos municipios galegos a relación de xestores autorizados para a recollida de calquera resíduo voluminoso e as tarifas oficiais establecidas.
Asemade demandan a elaboración dun calendario de inspeccións ambientais específicas para comprobar o uso das autorizacións dos xestores de residuos, a financiación pola Xunta dos diferenciais de custo entre as tarifas que aboaban a Sogama e os novos custos derivados pola nova decisión para non ter unha maior carga económica.