O Slalom de Fene celébrase o sábado 28

O Slalom de Fene celébrase o sábado 28
16 de Novembro, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Slalom nocturno Scratch Fene confírmase para o sabado 28 de novembro pero terá que celebrarse sen público. Retransmitirase en directo a través de streaming..

ESCOITA O PODCAST:

A celebración do Slalom nocturno Scratch Fene está confirmada para o sábado 28 de novembro no polígono de Vilar do Colo. A carreira,  puntuable para o Campionato galego, arrancará pola mañá no circuíto do polígono industrial de Vilar do Colo en Fene, pero sen público. Esa é a principal novidade da XVI edición, afectada directamente pola crise sanitaria. Edgar Vigo explicou que non é posible facer a proba coa presencia de público pero esta será retransmitida en directo pola canle de  youtube da escudaría Scratch Fene. Vigo explica que este ano, a causa da Covid19, non puideron realizar a busca de subvencións para a organización e a dotación dos premios, daí que o concello de Fene sexa o principal aporte económico nesta edición afectada pola pandemia. Aínda así, en agradecemento ás firmas comerciais que ano tras ano apoian o Slalom, manterán os mesmos premios cos nomes dos seus patrocinadores correspondentes.

Ás 11 da mañá do sábado 28 comezarán as probas de clasificación e adestramentos para dar paso ás mangas de competición. Ás 20.00h agardan celebrar o acto de entrega de trofeos. O Slalom será puntuable para o campionato galego. A falta do remate do prazo de inscripción, Edgar Vigo confirma que estarán os corredores mellor situados no campionato. A media de participación nesta proba en anteriores edicións soe ser de corenta corredores. Este ano verán lixeiramente modificado o circuíto.

 

(Foto de Gzrally. Slalom Fene 2019)

Deportes

Publica o teu comentario agora