ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dous pilotos xóganse o campionato galego no XI Slalom de Fene. Ata mañá ás oito da tarde permanece aberta a inscripción no XI Slalom nocturno que organiza a escudería Scracht Fene o próximo sabado día 5 de decembro no circuito do Polígono Industrial de Vilar do Colo. A un día do peche, a escudería fenesa bate records pois son xa 44 os pilotos participantes. Dous deles xóganse o campionato na cita de Fen
Trofeos e premios A escudería Scracht Fene repartirá, grazas ao patrocinio de varias firmas relacionadas co motor, un totald e 930 € en premios. Aparte dos seis primeiros clasificados, a propia escudería repartirá os seus trofeos: o Scracht Fene, o de debutantes (Talleres gandoy); e o Feminino (Ortegal Oil) ao que se presentan tres mulleres novas. Este ano creáronse dous trofeos novos: o xunior, para menores de 25 anos (sete inscritos) e ao mellor coche renault (trofeo ao que acuden pilotos de toda Galiza). Este ano os premios e trofeos entregaranse na Praza do concello de Fene a iso das 10 da noite, unha vez finalice o Slalom. Na praza aparcarán os coches participantes a modo de exhibición.
Sentenciou Ameneiro que a proba de Fene é un referente xa no país. 87 persoas están detrás da organización do Slalom fenés que discurrirá no mesmo circuito dos anos anteriores.O alcalde de Fene, Juventino Trigo, agradeceu á escudería fenesa que manteña o nome de Fene ligado a esta carreira e afirmou que despois de once anos poden seguir contando co apoio do concello.
Horario da proba.
O sabado, entre as 9:30h e as 11:30h, realizaranse as verificaciós dos veículos. Ás 12,30 h será a saída da primeira parte dos adestramentos e ás 16:30, a saída da segunda parte .
A primeira manga oficial do Slalom comezará xa na escuridade, ás 18:30h, no circuito deseñado na área industriald e Vilar do Colo. Contra as 22:00h publicaranse os resultados. O Slalom inclúe o XI Trofeo debutantes; o XI Trofeo feminino e o IX Trofeo Scracht. Comtemplanse un total de seis premios na xeral, que van de 320 € a 80€. As solicitudes de participación admítense ata o xoves día 3 de decembro ás 20.00h. A inscripción dos veículos custa 90€. A dirección de contacto é na Estrada da Palma, 210 de Maniños- Fene. O teléfono, 676 726 260.