ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Polígono de Vilar do Colo volverá ser o escenario do X Slalom Scratch Fene que de maneira especial durará dous días, o sabado 6 e o domingo 7 de decembro. Esta mañá presentaron a cita deportiva, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa e a comisaria deportiva da carreira, Fátima Ameneiro, da Escudería Scratch Fene. Fixérono no salón de plenos onde de paso inauguraron unha exposición fotográfica que resume
O sabado será o habitual dos últimos anos e o domingo poráse do revés. Na mesma zona pero do revés, segundo contou Ameneiro. Tamén nesta ocasión convidouse a todolos gañadores das nove edicións da historia do Slalom. Fátima Ameneiro recordou a Manolo Lojo, gañador en duas ocasións e que faleceu nun accidente de tráfico. Competirán cos actuais campións.
O Slalom Scratch Fene repartirá un total de 1.860€ en premios e 27 trofeos, entre os que destacan o Trofeo de Debutantes Talleres Gandoy ( ao que se presentan tres membros do club fenés). O Trofeo Feminino Ortegal Oil (unha candidata) e o Trofeo Scratch Fene á Mellor Escudería patrocinado por Talleres Neumáticos+ Gas Sport.
A entrega de trofeos do sabado está prevista para as 22.00h, no salón de plenos da casa do concello a onde chegarán os participantes en carabana, quedando os coches expostos na praza.
A encargada das relacións cos participantes, Andrea Rico, explicou esta mañá os horarios. O sabado ás 10,30 comezará a primeira manga de entrenamento. Pola tarde ás 16,30h; ás 18.30h empezará a proba nocturna. O Domingo comezarán as probas oficiais ás 11,30h A publicación de resultados faráse ás tres da tarde.
A Concelleira de deportes, Rocío Bértoa, aproveitou a presentación do Slalom para felicitar a Fátima Ameneiro pola recén consecución do Campionato de España de Copilotos. Bértoa convidou aos veciños a visitar a exposición que resune os dez anos do Slalom Scratch Fene e onde se recollen as imaxes dos gañadores, do público e as clasificacións de cada ano.
De momento, no Slalom 2014 están inscritos 30 corredores, sete da escudería fenesa, pero agardan que antes do sabado se sobrepasen os 40 como o ano pasado.