O SLG de Ordes fai festa para demandar “un mundo rural vivo”

O SLG de Ordes fai festa para demandar “un mundo rural vivo”

30 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Sindicato Labrego Galego de Ordes celebra mañá martes, 31 de agosto, a súa tradicional Romaría “Por un mundo rural vivo”. O evento terá lugar no campo da feira da área recreativa do río Mercurín, no propio concello ordense. Nesta oitava edición os agricultores e gandeiros demandarán novamente poder vivir da terra e dos seus pr

A VIII Romaría “Por un mundo rural vivo” arrincará ás doce do mediodía coa presentación da xornada, momento no que terán lugar as reivindicacións. Ás dúas da tarde celebrarase un xantar compartido entre todos os asistentes, no que degustarán a comida que cada un levará da casa. Xa pola tarde, queimada de balde para todos, música, xogos e moitas ganas de rir e pasalo ben, segundo os organizadores.

Mentres, en Compostela, tamén mañá, o Sindicato Labrego Galego xunto a Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, pecharán o calendario de reunións sectoriais, co fin de atopar unha solución á “desesperada situación” dos produtores de leite de Galicia. Asimesmo, tratarán de establecer un calendario de mobilizacións para denunciar os problemas do sector.

Sociedade