ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sindicato Labrego Galego (SLG) continuou coas súas accións de protesta pola actual crise do sector lácteo e procedeu hoxe a un envío de cartóns de leite para a Comisaria Europea de Agricultura, Mariam Fischer Boel. Esta actuación tivo lugar na oficina de correos da rúa de San Pedro da cidade de Lugo, nunha acción coordinada con outras organizacións agrarias de Francia e Portugal pertencentes á Coordinadora Europea Vía Cam
Este envío foi acompañado dun escrito dirixido á propia responsable comunitaria onde se lle informaba da delicada situación que están a sufrir miles de explotacións de leite en Galicia, o que incide tamén na degradación da propia economía e do medio rural galego. No mesmo texto ínstase a Fischer Boel a poñer en marcha as medidas precisas para mudar a situación mediante a redución da produción, eliminando o aumento do 1% da cota prevista para este ano; o establecemento dun debate sobre as modalidades desta redución; o mantemento dun control público da produción; a garantía dunha renda suficiente a todos os produtores de leite; a supresión das restitucións á exportación, que é a forma mais visible de dumping cara terceiros países; favorecer a produción leiteira a base de forraxes locais e pastos permanentes; e desenvolver unha nova política leiteira nunha PAC onde o marco da OMC se substitúa polo da soberanía alimentaria.