ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sindicato Labrego Galego ante a declaración de Zona de Especial Protección de Aves na Comarca da Limia, convoca aos membros da plataforma para solicitar unha reunión da Mesa de Negociación. Tras a celebración do Consello Comarcal, o SLG, ante situación de descoñecemento do proxecto presentado ante Bruxelas, demanda coñecer polo miudo en qué consiste o plan presentado por parte da Consellaría.
O SLG critica a falta de información e transparencia por parte da Consellaría de Medio Ambiente na declaración de zona Z.E.P.A. na Comarca d'A Limia. Dende que se iniciara este proceso, constituírase unha comisión de negociación presidida polo anterior Conselleiro de Medio Ambiente, na que se daba conta en todo momento do proxecto e escoitábanse ás partes que integraban esta comisión. O sindicato sinala que agora se enteran polos medios de comunicación dos plans que ten o novo Goberno para solucionar un problema que está a causar unha gran desconfianza e un gran malestar entre os labregos e labregas da comarca.
Os sindicalistas tamén denuncian a utilización política que se está a facer desta cuestión . Onde antes era “boa para a comarca” agora é “a ruina total para os agricultores/as”, e onde antes había unha oposición frontal á declaración agora xa din que “Medio Rural ten o obxectivo de non perxudicar a actividade agraria”, subliñan.
O Sindicato Labrego Galego opúxose á declaración de Zepa nos termos que se quería facer. Pretenden que se teña en conta os labregos e labregas que viven do seu traballo e da terra e ser capaces entre todos/as de compatibilizar os intereses de tódalas partes. Deste xeito, buscan unha saída negociada polo ben de todos e todas.