ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O parlamentario socialista Modesto Pose sinala que a proposta do PP de destinar Fexdega exclusivamente a deporte de base resulta “incompatible co seu papel como dinamizador da actividade económica de Vilagarcía”. Nunha pregunta oral á Xunta debatida no Pleno do Parlamento, Pose apostou por compatibilizar as “actividades deportivas eventuais” co calendario feiral.
O parlamentario arousán amosouse “sorprendido” polo feito de que o conselleiro, que forma parte do Padroado da entidade, respaldara a posición do candidato do PP á alcaldía “renunciando á capacidade de Fexdega como dinamizadora da actividade económica coincidindo cun momento de crise”. Criticou que dende a chegada do PP ao goberno e co cambio de xerencia no complexo a súa actividade ten sido “moi escasa”.
Pose chamou a “rendibilizar Fexdega”, e dixo que “si non funciona o xerente hai que poñer outro que a dinamice” e criticou que o PP queira dedicalo a recinto deportivo “porque queren converter todo o que sexa convertible en algo deportivo”.
Criticou así a súa proposta de facer do embalse un estanque deportivo con praia fluvial mesmo cando ten unha capacidade insuficiente para darlle esta finalidade. Chamou ao conselleiro de Economía e Industria a “tratar destes asuntos o día 22 de maio co próximo alcalde socialista de Vilagarcía”.