O son do Brasil

O son do Brasil
30 de Maio, 2025 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

Katya Teixeira canta esta noite en Pontedeume. Saberes e sons populares de Brasil. As nove da noite no local do colectivo Terra, na avenida da Coruña, 17 en Pontedeume. Katya ven de lograr o premio Inesita Barroso outorgado pola Cámara municipal de Sao Paulo, pola difusión da cultura de raiz brasileira. Barroso foi unha grande investigadora e comunicadora no programa “Viola minha viola” na TV do Brasil, sobre a música tradicional.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Katya Teixeira en Radio Fene Radiofusión:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/300525TEIXEIRA.mp3

Katya ten unha longa traxectoria de recuperación e posta en valor da música tradicional do Brasil. 

Cultura

Publica o teu comentario agora