O son duro de Misquious na Sala Run Rum de Ferrol

O son duro de Misquious na Sala Run Rum de Ferrol

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Misquious, un grupo de música de Ferrolterra naceu en 2004 como prolongación doutra banda chamada “a nev diva” baixo a que se autoeditaran tres traballos: Ephemera , la nev diva e 2001 e que recibiu a atención do selo Subterfuge para publicar un dos seus temas (“Poor Yorick”). A banda ferrolá actúa mañá venres na Sala Run Rum de Ferrol dentro do circuíto da Deputación da Coruña.

Misquious sacou en 2005 á luz o seu primeiro traballo autoproducido con bases electrónicas, influenzas pop, guitarras noise e algún que outro toque trip-hop. Asímesmo, editarase un single en vinilo con dous temas inéditos que se distribuiron pola asociación ferrolana La Fonográfica General.

Actualmente a banda abandonou as bases electrónicas para centrarse nun son máis duro. O grupo fórmanna catro membros: Amelio Rossi, bateria; Arturas Filvit, baixo; Henri Chocolat, guitarra e teclados; Archibald Losenrú, voz e guitarra.

A cita con Misquious mañá venres na Sala Run Rum de Ferrol a partires das dez e cuarto da noite. A entrada é de balde.

Sociedade