O son Fene peta forte

O son Fene peta forte

14 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Daniel Bellón e Diego Maceiras teñen amosado que presentan un espectáculo de calidade. Agora rebosan ilusión para levar adiante o seu proxecto pedagóxico. Somos músicos que ensinamos, non profesores de música, afirman excitados pola posibilidade de transmitir á sociedade a súa creatividade musical.

Mañá mércores dia 15 abre a escola de música BellónMaceiras, na rúa Antonia Montero, nº 11 de Perlío (Fene A Coruña). En Fene sempre houbo moita afición á música e ás artes en xeral. Dado que a maioria dos profesores son do Concello, esta é a localización ideal para unha iniciativa destas características, segundo Daniel Bellón.

Diego Maceiras e Daniel Bellón derrochan ilusión á hora de poñer en marcha este proxecto. Se pensan nun futuro dentro de 5 anos, gustaríalles que da escola sairán 2 ou 3 grupos musicais. Ademais queren que a xente quede contenta.

A escola BellónMaceiras xa conta con máis de 50 alumnos e alumnas matriculados e pre-matriculados. Impartirán clases de gaita, acordeón, batería, guitarras, baixo, contrabaixo, combo instrumental, iniciación á musica (3 a 7 anos) ademais de cursos intensivos e puntuais ao longo do ano.  Mañá mércores abrirán as portas cun concerto do Quinteto Bellón Maceiras e un aperitivo para todas as persoas que queiran acudir.

Sociedade