O submarinismo permite descubrir a outra

O submarinismo permite descubrir a outra

29 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O buceo é unha actividade deportiva na que a persoa se introduce totalmente na auga e intenta que o seu corpo se apapte a este novo medio sen modificalo. O buceo favorece a relación da persoa co medio mariño e aínda que nun primeiro momento poida resultar agobiante para aqueles que se están iniciando, unha vez acadados uns coñecementos básicos, a maioria dos submarinistas logran un estado de relaxación cada vez que se sumerxen. Galicia agocha unha impo

A forza do mar galego fai que as augas non sexan limpas. Isto fai pensar a moitos galegos que a costa galega é pobre e que no fondo do mar non hai nada que ver. Pero entre estas augas en movemento se agocha unha destacable riqueza natural que poucos teñen o privilexio de coñecer.

Iniciarse no mundo do submarinismo non é complicado. O máis aconsellable é dirixirse a profesionais do sector para recibir a preparación necesaria. Nas clases teóricas a persoa que se inicia aprenderá a desenvolverse neste medio e a coñecer cales son os riscos que pode ter o mar. Nas clases prácticas aprenderá a introducirse na auga e a estar en contacto con ela sen que haxa ningún tipo de perigo para o submarinista ou para o medio. O verán é unha boa época para practicar o buceo, aínda que calquera momento do ano é válido para mergullarse. 

Sociedade