ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un submarino alemán repousa nos fondos da ría de Ferrol. A nave, denominada UC 48 afundiuse o 14 de marzo de 1919, ao remate da Primeira Guerra Mundial. O seu comandante dirixiu a manobra para ir a pique fronte á moa de Segaño na boca da ría, antes de que fose a mans do Exército francés.
O submarino entrou no porto de Ferrol para reparar o 24 de marzo de 1918. Quedou no estaleiro ata o final da guerra. Despois da derrota de Alemaña, o comandante Helmut Lorenz decidiu escapar antes da entrega da nave aos aliados, vencedores do conflito. Na boca da ria, dous buques de guerra españois dispararon salvas de aviso e esixiron ao comandante a entrega. Lorenz decidiu afundilo e a tripulación saíu a flote con chaleques submarinos. O UC 48 é un elemento singular e descoñecido para o arqueólogo submarino David Fernández Abella.
En Matosinhos un submarino alemán afundido xera moitas visitas de turismo subacuático. Os pecios na ría, como a Ragazzona ou o UC-48 podían ser reclamos turísticos, e tamén a vila romana de Noville. Nese lugar do concello de Mugardos poderíase adecuar desde o punto de vista pedagóxico o espazo intermareal.
O convenio da UNESCO indica que a conservación in situ dos restos submarinos debe ser a primeira opción.
Algúns dos naufraxios acontecidos na zona da moa de Segaño:
8 de decembro de 1588. Ragazzona
16 de setembro de 1865. Santa Eufemia
14 de marzo de 1919. UC-48
2 de decembro de 1947. Castillo de Coca
Imaxe: Moa de Segaño na boca da ría de Ferrol
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora