O Supremo anula as subvencións aos colexios que segregan por sexo

O Supremo anula as subvencións aos colexios que segregan por sexo

07 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Tribunal Supremo anulou os concertos educativos da Xunta de Galicia con cinco colexios privados da Coruña e Pontevedra que escolarizan a alumnos dun único sexo. A Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal estima o recurso da Confederación Intersindical Galega (CIG- Ensino) ) e declara a nulidade da orde da Consellería de Educación de 26 de agosto de 2009 na parte que afecta á concesión de axudas aos centros docentes privados Peñarredo

O Supremo anula a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirmara a validez da citada orde en todos os seus extremos. A resolución do Supremo, da que foi relatora a maxistrada María do Pilar Teso Gamella, aclara que non está en cuestión a existencia da educación diferenciada, "tan lexítima como o modelo de coeducación que establece a lei", senón que o que se cuestiona é que ese tipo de ensino reciba as axudas públicas propias dos concertos educativos.

Sociedade