O Sur tamén existe

O Sur tamén existe

08 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As diferentes candidaturas amosan esta noite os primeiros cartaces cos lemas elexidos na campaña electoral das Europeas do 15 de maio de 2014. Dende o "Móvete. Tï moves Europa" dos socialistas ata o "Corazón en Galiza, futuro na terra" dos nacionalistas do Bloque. Os candidatos e candidatas protagonizan en todalas cidades e vilas galegas a primeira pegada de carteis. Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e A Coruña concitan a medianoite os actos principa

O PP abre campaña en Pontevedra.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará esta noite no acto da pegada de carteis co que os populares abrirán a campaña electoral de cara ás europeas. No acto tamén participarán o candidato ao Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, e o voceiro do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira. A cita é ás 23.30h na Avda Montero Ríos s/n de Pontevedra.

O PSOE primeiro acto en Vilagarcía.

Pola súa banda, o exministro socialista estará o domingo, a partir das 12,30 horas, no salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía. Canda el van participar no mitin o secretario de organización do PSOE, Óscar López; a portavoz da formación no Concello de Vilagarcía, Tania García Sanmartín e o secretario xeral socialista a nivel local, Miro Serán.

O BNG abre en Vigo.

O BNG abre campaña electoral do 25M na Praza da Ribeira do Berbés en Vigo, nun acto que dará comezo mañá xoves 8 de maio ás 23.30 horas coa actuación musical de Xurxo Souto, para dar paso ás intervencións de Miriam Rodríguez, candidata e integrante da Plataforma de estafados polas preferentes no Baixo Miño, Manuel Moreira, membro da candidatura e portavoz da Plataforma SOS-Sanidade de Vigo, o portavoz nacional, Xavier Vence, e a cabeza de lista da candidatura do BNG, Ana Miranda. O acto concluirá coa pegada de carteis, sobre o escenario, baixo o lema Corazón en Galiza, futuro na Terra. Rebélate polos teus dereitos!

 AGEE inicia campaña en A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda en Europa inicia a campaña das europeas coa pegada de cartazes cando dén as doce da
noite no Campo da Leña, onde se concentrarán media hora antes. Asistirán á convocatoria Juan Martínez, candidato as eleccións europeas 2014, Antón Sánchez, deputado de AGE no Parlamento de Galicia e Cesar Santiso, concelleiro
do Concello da Coruña de Esquerda Unida - Os Verdes.

Sociedade