O surrealismo de “A-ta-ka” sorprenderá ao público ferrolán

O surrealismo de “A-ta-ka” sorprenderá ao público ferrolán

31 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantón de Molíns acolle este sábado o espectáculo de luz e son  “A-ta-ka” da compañía Cal y Canto Teatro de Burgos. O comezo dun panorama onírico, que sorprende pola súa  innovadora vangarda transformando o espazo desde un punto de vista diferente: O ar .

En A-ta-ka o público contempla abraiado, un torrente de animais fantásticos pululando sobre as súas cabezas. Seres soterrados dunha imaxinación desbocada que tentan soster como nun sono derretido de Dalí. Un surrealismo máxico que leva á compañía Cal y Canto a utilizar sempre o ar como punto de partida, a través dunha longa e dilatada investigación no mundo das cometas, no que basean as súas accións itinerantes.

Ana Ortega e Marcos Castro sosteñen  o traballo artístico desta compañía creada no ano 2002 baixo o título “ Cal y canto”. Emprenden a súa andaina na súa cidade natal, Burgos. Co paso do tempo súmanse máis compoñentes ata chegar as 11 persoas de diferentes disciplinas artísticas e profesionais que alberga a formación na actualidade.

A súa concepción renacentista da arte escénica procurou que a compañía amplíe fronteiras de expresión en cada nova montaxe, renunciando a un encasillamento nun solo xénero. Non deixan de lado a a tradición popular, a súa particular danza cos obxectos, o expresionismo, e unha coidada elaboración de temáticas e textos propios cos que acadar un selo de identidade.A actuación de Cal y canto co seu espectáculo A-ta-ka, o sábado, ás seis e media da tarde no Cantón de Molíns. 

Cultura