O títere máis irreverente

O títere máis irreverente

08 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

As versións en castelán e en inglés do libro sobre “Barriga Verde” son os proxectos máis inmediatos da asociación “Morreu o demo”. Co volume publicado por Urco editora, pretenden reivindicar a figura do monicreque por excelencia do teatro galego do século XX. Xosé Silvent, bebeu da tradición dos fantocheiros de Portugal, dos “Robertos”, segundo a directiva da entidade Comba Campoy.

Comba Campoy explicou que a familia Silvent procedía de Francia, estableceuse en Extremadura, pasou a Portugal e logo a Galicia. O apelido relaciónase co mundo do espectáculo, pero as funcións de Barriga Verde eran para todos os públicos. En cada localidade, adaptábase o texto, incluindo críticas ao crego ou ao cacique do lugar. O Barriga Verde mallaba nos poderosos que se asociaban coa figura do demo, quen morría antes do remateda función.

Sociedade