ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“É moi doado prender ás masas en contornos nos que estamos sobrecargados de emocións como é o deporte espectáculo”. Reflexión do psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli que falou en Radio Fene de educación a través do deporte.

“A través do deporte educamos para a vida, a respectar rivais,compañeiros, adestradores..”, comentou Barcia Tuccelli que chamou a atención sobre a importancia dos valores no deporte. O talento para o deporte supón ter unha capacidade por riba da media, pero tamén “unha boa actitude para seguir desenvolvendo ese potencial, é moi importante a disposición para seguir aprendendo”. Características físicas, destrezas para a práctica dun deporte, pero tamén técnica, táctica, comportamento estratéxico e o temperamento definen o talento deportivo.
Publica o teu comentario agora