O talento do Maniños vence en Meirás (0-3)

O talento do Maniños vence en Meirás (0-3)

15 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O Maniños encomendouse ao talento dos seus xogadores, e o Meirás encontrouse un Misael Prieto sementado de minas. "Fixemos un partido moi completo" sentenciou o adestrador do Maniños Angel Mahía. "Axudounos adiantarnos xa no minuto 8 cun gol de Dieguito, e na primeira metade fomos mellores que eles" concluie o mister.

Mahía destaca as ocasións de gol claras das que dispuxo o Maniños na primeira metade. Na segunda parte, o Meirás apretou máis, nun campo moi pesado que obrigou aos dous equipos a un esforzo titánico. "Pasámolo mal, pero en duas contras Dieguito e Santi lograron sentenciar o partido e fomos merecedores da vitoria" salienta Mahía. Cos tres puntos o Maniños situase a 1 do segundo clasificado (o Meirás) e a 5 do lider (Cedeira).

Deportes