O tango máis actual

O tango máis actual
05 de Agosto, 2022 - 08:54 h. | Publicada por Radio Fene

Un dos artistas máis importantes do tango en Arxentina achégase a Fene. Fillo de galegos, o arxentino Guillermo Fernández recibiu en 2018 o nomeamento de fillo adoptivo de Navia de Suarna. Actuará agora nun concerto en Limodre.

Local da Asociación Veciñal de Limodre

Fernández busca as raices do tango con sons de hoxe. Conceptuado como unha das figuras fundamentais do tango na actualidade. O recoñecido actor e cantante arxentino estará acompañado do músico Matías González co bandoneón. Sábado ás dez da noite na cantina A Nosa Escola en Limodre. Entrada de balde.

 

 

Fotografía: Maite Martínez Prieto

Cultura

Publica o teu comentario agora