O teaser “One man band” de Toño Chouza inaugura o Mívico 09

O teaser “One man band” de Toño Chouza inaugura o Mívico 09

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Mostra Audiovisual do Condado, o Mívico, dá comezo ás nove e media da noite de mañá venres coa estrea do teaser One man band de Xavier Ruíz, Aristz Cirbián e Toño Chouza, quen ademais estarán presentes no evento. Precisamente, Chouza é o homenaxeado deste ano no festival e, por iso, trala proxección do documental, procederase á ex

Na xornada inaugural do venres tamén se procederá ás dez e media da noite á inauguración da Vídeo.Sala con colectivos como Proletaricratz ou Id Mora, entre outros. Igualmente, nas noites do venres e sábado desenvolveranse unha serie de actuacións no Espazo Sonoro do Mívico. Mañá venres no Salón Parroquial de Ponteareas como Sugar Mountain e Let´s Pet Dj. O sábado no Outótono con Why Go, Dj Roska e Vj Colectivo Receyecler.

A gala de peche do festiavlrematará ás nove da noite do domingo ca entrega de tres premios dotados de 400 euros á mellor videocreación, curtametraxe e documental.

Cultura