ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nenos e nenas do CEIP Eladia Mariño de Cabanas aprenden teatro. Están cos ensaios da obra “As emocións e a Intelixencia Artificial”, título da traxicomedia nun acto escrita e dirixida por Adelaida Abad.
“Non deixa de ser un drama o que pasa na obra, pero con tintes de humor e cómicos”, explica Adelaida Abad. A estrea da obra será o 2 de xuño no Rosalía Mera da Coruña dentro do Certame de Teatro Infantil e Afeccionado, e o 18 de xuño teñen previsto representala no Jofre, en Ferrol. Barallan tamén a posibilidade dunha terceira función na Escola Laica de Cabanas. Adelaida é a autora da obra e dirixe o grupo de teatro infantil que bautizaron co nome de “Os Artistas Tremoístas Teatro”. Son trece nenos e nenas de 8 a 11 anos, que estudan no CEIP Eladia Mariño. Tanto éxito ten o teatro entre o alumnado do centro que tiveron que crear dous grupos, organizados en función das idades dos participantes. Se cadra a afección venlles da afirmación que fai Adelaida “O teatro é xogar”.
Publica o teu comentario agora