ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As Emocións e a Intelixencia Artificial é a obra teatral do grupo Artistas Tremoistas, do Colexio Eladia Mariño de Cabanas. Representan o vindeiro mércores 18 no Teatro Jofre de Ferrol. Un dos actores, Pablo Molina falou do seu papel, un personaxe que ten que apoiar a todo o grupo, está namorado da vida.
A escritura da obra parteu dun traballo de improvisación coa rapazada. Propuxo o tema un dos participantes, segundo a autora e directora Adelaida Abad que suliña as potencialidades pedagóxicas do teatro. Son trece nenos e nenas de 8 a 11 anos do Eladia Mariño: Kevin Feal, Arixa Otero, Leo Rey, Aloia Pelaz, Rosalía Fachal, Pablo Molina, Carmela López, Alba Carrión, Leo Fernández, Inés Cobelo, Antía Oliveira, Gabriel López-Campanioni e Sophia Abbas. Estrearon o espectáculo na Coruña a comezos de xuño e agora levarán esta traxicomedia nun acto ao escenario do Jofre.
Publica o teu comentario agora