ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Charlón, Hermida, Lois Amor Soto e Xaime Quintanilla eran algúns dos autores de teatro galego de comezos do século XX na comarca de Ferrol. Escribian pezas en galego, en xeral de tono humorístico. Charlon actua en 1923 co conto de Labarta "O tio Miseria". Nese ano Benilde Gómez recita o texto "Os catro tuneles". Charlón e Hermida representan en Fene en 1924 "Trato a cegas". O dueto Malvar - Vidal transfórmase a finais da dé
O teatro de hai 100 anos
Charlón, Hermida, Lois Amor Soto e Xaime Quintanilla eran algúns dos autores de teatro galego de comezos do século XX na comarca de Ferrol. Escribian pezas en galego, en xeral de tono humorístico.
Charlon actua en 1923 co conto de Labarta "O tio Miseria". Nese ano Benilde Gómez recita o texto "Os catro tuneles". Charlón e Hermida representan en Fene en 1924 "Trato a cegas". O dueto Malvar - Vidal transfórmase a finais da década dos 20 en compañía estable, representando obras de varietés, pero en lingua galega.
Era teatro satírico pero fustigábase aos caciques da localidade e as ideas conservadoras. A investigadora Laura Tato indica que Ricardo Vidal (parte masculina do dueto con Malvar) é tamén dramaturgo e elabora cando menos 2 obras.
Un apropósito ridiculizaba en 1917 a vida marital do farmaceútico Genaro Moreda, dirixente local do partido Solidaridad Gallega e membro das Irmandades da Fala da Coruña. A comedia acabou en traxedia, pero diso falaremos outro dia.