O teatro internacional e o galego comparten cartel no FITO

O teatro internacional e o galego comparten cartel no FITO

06 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Teatro contemporáneo, propostas de rúa, danza, clown e música conforman o cartel do V Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolve na Cidade das Burgas ata o día 20 deste mes de outubro. Organizado pola compañía Sarabela e dirixido por Ánxeles Cuña, o evento amosará os espectáculos de cinco compañías galegas e de nove formacións procedentes doutras comunidades españolas, Europa e Latino

De fóra de Galicia chegan a Ourense Teatro Tascábile (Italia), Julio Adreãu (Brasil), Granhoj Dans (Dinamarca), Malayerba (Ecuador), Goliardos (Madrid), Mamafloriana e Kamikaze/Carmen Machi (Madrid), Teatro los lunes (Madrid) e o cómico francés Patrice Thibaud, que pechará o festival o sábado 20 co seu espectáculo Cocoricó. Ademais, o FITO amosará os últimos espectáculos de cinco compañías galegas, seleccionadas polos organizadores por tratárense de formacións emerxentes que achegan novos estilos e poéticas. Trátase de Voadora, que escenificará Tokio 3; Il Maquinario, que representará O home almofada; Demolicións Ferreira & Cía, con Edison, ou as mil demostracións de cómo non facer unha lámpada eléctrica; Ibuprofeno Teatro con A filla de Woody Allen e Inversa Teatro con Kamouraska.

Completa a programación o concerto Estou lá. Músicas da lusofonía, a cargo do grupo de artistas internacional que integran João Afonso, Eneida Marta, Najla Shami, Couple Coffe, Xoán Curiel, S.Sales, P. Silva e P. Vidal.

Cultura