ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A integración social e laboral das personas con discapacidade o enfermidade mental, constitúe o obxectivo principal da Mostra de Teatro Especial de Galicia, que se inagurou onte no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e que se prolongará ata este xoves, 8 de abril. O teatro é un bó camiño para a inserción deste colectivo e nesta liña traballa a Fundación Anade, sinalou o seu Presidente, Xosé Colmenero esta mañá e
Paralelamente, á mostra desenvolverase un taller formativo e gratuíto aberto a un máximo de 15 persoas. Unha gran oportunidade para que os directores dean a coñecer as súas opinións e inquietudes . Ademaiss, este ano a mostra ábrese a grupos de fóra de Galicia. Así participarán compañías de Madrid ou Tenerife. A Fundación Canaria para el Sordo (Funcasor) achégase á cidade das murallas coa obra “Exploraclown”.
O nexo de unión de todos os participantes é o amor ao teatro, as ganas de traballar e de ocupar un lugar no mundo, explicou Colmenero. Éste, tamén director da Compañía Pinchacarneiro, aportará o seu gran de area coa representación dunha adaptación da obra de Moliére “El médico a palos”. Unha crítica á sociedade de entón en clave de comedia. Un traballo que requeriu moito esforzó, tempo e ensaios e co que se amosa que as persoas con discapacidade poden facer teatro como o que máis.
Segundo Colmenero, o teatro ten propiedades terapéuticas pois necesítase falar alto e claro, expresarse ben, manexar emocións e sentimentos e discernir a realidade da ficción. Todo feito ao xeito dun xogo. Coas representacións teatrais aúnanse moitas técnicas para a rehabilitación destas persoas coa fórmula do xogo.
O Presidente da Fundación Anade destaca a importancia das postas en esceas en lugares abertos, como as casas da cultura para a integración destas persoas e que non se limiten aos centros ocupacionais. “Saír” a un lugar urbanizado e amosar que poden facer este traballo”.
Da man do Xacobeo 2010 “El médico a palos” percorrerá 9 cidades galegas como A Coruña, vigo, Vilalba, Palas de Rei ou Sarria. Unha boa oportunidade para ver a estes actores especiais enriba dun escenario.