O teatro universitario chega a Ferrol

O teatro universitario chega a Ferrol

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Universidade da Coruña, por medio da súa Aula de Teatro e Danza, pon en marcha o XVII Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC 2010). A primeira cita será coa representación de “Eiruga”, da Aula de Danza da Universidade da Coruña, e de “Rinoceronte no camiño”, creación colectiva con dramaturxia de Rubén Ruibal, coordinador da Aula de Teatro da UDC. Serán ás 20:30 horas de mañ

Tamén, “Odisea Espacial”, unha dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de textos de Arthur C. Clarke, de Maricastaña, Aula de Teatro Universitaria de Ourense, será representada un día despois, o mércores, día 14 de abril, ás 20:30 horas, tamén no Centro Cultural Torrente Ballester.
O prezo das entradas varía de 3 euros, para os estudantes universitarios, a 5 euros, para o público xeral. Os actos da FITEUC 2010 en Ferrol están organizadas coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Sociedade