O tecno pop na verbena galega

O tecno pop na verbena galega
25 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O mellor dj de Galicia visitará este venres as festas de Perlío. Acompañará a orquestra América de Vigo, unha formación coñecida por versionar en galego un dos grandes éxitos de Queen “I was born to love you”, Eu nacín para amarte. Nacida en 1976 América de Vigo introduciu o tecno pop no mundo da verbena galega. 

Fotografía Xan Xe

América de Vigo coa súa xira “On the run” o venres e Pasión e Cinema o sábado.  As verbenas comezaran o venres á noite, seguirán o sábado e o domingo celebrarase unha sesión vermú larga ata as oito e media da tarde. Unha polbeira instalarase en Perlio o domingo e se non chove haberá tamén festa da escuma para a rapazada. A comisión espera os prognósticos do tempo para confirmar se instalará unha carpa para cubrir o campo da festa de Perlío.

 

Fotografía Xan Xe
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora