O telecentro de Arzúa rematou o 2009 con case 800 usuarios inscritos

O telecentro de Arzúa rematou o 2009 con case 800 usuarios inscritos

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Olalla Calvelo, Dinamizadora da Sociedade da Información do Concello de Arzúa, vén de ofrecer un balance do traballo realizado durante o ano 2009 no Centro de Dinamización da Sociedade da Información que desenvolve o seu labor no Telecentro de Arzúa. Os datos ofrecidos pola Dinamizadora reflicten o éxito dun servizo posto a andar n

Segundo se desprende do balance feito público no día de hoxe, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información rematou o ano co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Arzúa. No 2009 impartiuse un total de 30 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 228 persoas e que se estenderon ao longo de 266 horas.

Entre os obradoiros que se impartiron este ano destacan o de “Trámites coa Administración Pública por Internet”, “Alfabetización Dixital: Informática e Internet”, “Videomontaxe”, e “Introdución á Fotografía Dixital”, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.

Asemade, 278 persoas das cales 113 foron homes e 165 mulleres inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 5761 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Arzúa en marzo de 2007 foron xa 758 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 628 obradoiros nos que se formou a 605 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 8 charlas, 3 xornadas e 8 iniciativas nas que participaron 145 persoas.

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, amosaba esta mañá a súa satisfacción “polo exitoso funcionamento dun servizo que presta unha labor fundamental de cara a conseguir unha maior familiarización co ámbito das novas tecnoloxías”; indicou ademais que “as cifras falan por si soas, nisto ten moito que ver tanto a calidade da infraestrutura como a capacidade da persoa que está ao fronte deste traballo”, sinalou en referencia á labor que dende o telecentro desenvolve Olalla Calvelo.

Sociedade