ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Ferrol decretou a suspensión das actividades deportivas, tanto nos campos de futbol como nos pavillóns polideoportivos e piscinas. A caída dunha valla publicitaria nas Pías e a caída de duas árbores sobre o tendido eléctrico, en Valdoviño e Ortigueira son, ás 13 h, os incidentes máis relevantes recibidos no 112 ata as 13h.
Ante a alerta laranxa decretada por Protección Civil para o día de hoxe, o Concello de Ferrol, fixo un chamamento á cidadanía para que extremen as precaucións ante a previsión de fortes ventos e choiva. Na comarca rexistráronse caídas de árbores e non hai que reseñar incidentes máis graves polo momento.
Así mesmo a edil de Seguridade, Sandra Ríos, avanzou que un dispositivo especial da Policía Local iniciou a primeira hora da mañá unha serie de visitas ás paradas de autobuses escolares para colaborar nas tarefas de información, e naquelas que se precisen, ante a decisión da Xunta de Galicia de suspender as clases no día de hoxe pola alerta de temporal e co obxectivo de garantir a seguridade cidadá.
O Concello de Ferrol decidiu suspender todas as actividades deportivas no día de hoxe. Unha medida que se manterá vixente dende as 12 horas de hoxe luns e ata mañá martes, día 10. Así mesmo, sinalou que a suspensión afectará tanto ás actividades que se celebren en exterior -campos de fútbol principalmente- como interior -polideportivas e piscinas-.