O territorio máis inmediato

O territorio máis inmediato
12 de Novembro, 2021 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

 A fotógrafa Carolina Martínez inaugura exposición esta tarde en Pontedeume. As imaxes falan do territorio máis inmediato, un canto ao que nos rodea. O nome “Traza” fala da pegada que deixamos arredor da vivenda. Como o medio afecta en nós e nós no medio. Martínez destaca a importancia de pararse a camiñar, gozar co medio, co territorio, co rural e co patrimonio. A periferia da periferia tamén pode criar valor, segundo a artista.

ESCOITA O PODCAST:
Exposición de Carolina Martínez en Pontedeumem

Para facer fotos non fai falla irse a Bali, conclúe. A exposición "Traza" de Carolina Martinez inaugurase ás 7,30 desta tarde na Casa da Cultura de Pontedeume

Cultura

Publica o teu comentario agora