O teu retrato levo no peito

O teu retrato levo no peito
26 de Outubro, 2021 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

“Ya me despido ay mi Barallobre / De ti un recuerdo quisiera llevar, / tu retrato lo llevo en el pecho / como escudo que me haga triunfar”. Parafraseando a canción da Adelita de Jorge Negrete poderíamos construír a banda sonora da historia de Jose Juan Espinosa Barallobre. Jose Juan xunto con Antonio Soto Barallobre visitaron estes dias a parroquia que leva o seu nome, o campo da festa, a Liga de Amigos de Barallobre e o Monumento ao Camiñante Descoñecido.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Soto Barallobre e Juan José Espinosa Barallobre

Os Barallobre teñen un grupo de Facebook ao que pertencen máis de 500 Barallobre. De Cuba, de México, Uruguay, Argentina, Madrid, Sevilla, Cantabria pero tamén da comarca de A Coruña. Todo comezou na Xuntanza dos Barallobre que durante varios anos -desde 2006- reuniu nesta parroquia de Fene ás xentes que levan ese apelido. Antonio Soto Barallobre puxo en contacto entre outros Barallobre a Jose Juan con Eva López Barallobre, natural da Coruña e residente en León. 
En Mexico pensaban que só existia a súa familia co apelido Barallobre.  Juan Jose Espinosa Barallobre casou con Eva López Barallobre. Levan oito anos residindo en México. A Juan José Espinosa lle chama a atención o cabaleiro Andrés Barallobre. Leva unha grata impresión e emoción tras encontrar a Liga de Amigos de Barallobre e visitar a zona. En varias edicións, a Xuntanza dos Barallobre, reuniu en Barallobre a persoas que levan con orgullo e fachenda este apelido polos cinco continentes.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora