O Titanic ferrolán

O Titanic ferrolán
16 de Setembro, 2025 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

O Titanic ferrolán. O afundimento da lancha que patroneaba Nicolás Bello foi unha catástrofe marítima ocorrida na tarde do 16 de setembro de 1865. Realizaba a travesía de Arteixo a Fene e colisionou coa moa de Segaño na entrada da ría de Ferrol debido á néboa.Hoxe cúmprense 160 anos do naufraxio da moa de Segaño. A cifra de persoas mortas elevase a oitenta, entre veciños de Maniños, Barallobre, Perlío e Fene.  A conmoción social creada debeu ser similar ao choque do trasatlántico co iceberg.

ESCOITA O PODCAST:

María Xesús Arias "Pitusa" coordenou en 2013 a recreación do naufraxio de Santa Eufemia:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/150908EUFEMIA.mp3

Fotografia Xan Xe

Na partida de nacemento de Nicolasa Regueiro a 8 de outubro de 1804 en Fene, inclúese ao marxe esta nota:
Morreu en 16 de setembro de 1865 pola tarde no naufraxio da lancha de Nicolás Bello de Barallobre, na boca da ria sobre a pedra da Moa, en donde pereceron máis ou cerca de 80 persoas de todas idades e de ambos sexos. 
Non pasou moito tempo sen que houbese outro naufraxio na moa de Segaño. O 28 de outubro de 1871 naufragou no mesmo lugar a lancha Vitoria. Tamén un falucho de Mugardos foi a pique nese lugar poucos anos despois. Anos máis tarde sería, xa no século XX o Castillo de Coca o que afundiría nese fatídico lugar. 

 

Fotografía Xan Xe

Moa de Segaño

Sociedade

Publica o teu comentario agora