ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Torreón dos Andrade formaba parte do pazo derribado en 1935. Construíuse entre 1370 e 1380. Acolle a oficina de turismo e distintas exposicións sobre os Andrade. Desde a súa terraza contemplase unha gran vista da ria e da desembocadura do río Eume, segundo destaca a técnica de Turismo Estefanía Purriños.
O torreón dos Andrade é de planta cadrada, con grosos muros de 2 metros e unha altura de 18 metros. No muro sur sitúase un escudo con 18 bandeiras gañadas aos franceses na Batalla de Seminara en 1503, seis roeis do Castro de Lemos e a Barra dos Andrade. O seu emprazamento orixinal era o Pazo. A torre consta de planta baixa e tres pisos. Albergaba o cárcere de Pontedeume. Da segunda planta arrincaba unha ponte levadiza hoxe desaparecida. Destaca tamén unha cruz de cinco puntas ou Selo de Salomón que se sitúa por encima dunha das xanelas.
Na imaxe o sepulcro de Nuno Freire de Andrade (1431). Mosteiro de Monfero.
Fotografía Suso Pinheiro
Publica o teu comentario agora