ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os cataláns non chegaron a Galicia atraídos pola pesca e a súa transformación contra unha crenza moi estendida. Segundo o catedrático emérito da Universidade de Santiago Xoán Carmona, viñeron atraídos polo tráfico de viños e augardentes á comarca de Ferrol. De xeito simultáneo á construción do Arsenal e a conseguinte atracción e concentración de man de obra, aparecen industriais cataláns que tamén se adican ao contrabando, o corso e o tráfico de escravos. Pero a chegada comezou pola venda de augardentes en Ferrol. Logo mercaban a sardiña en Ares, segundo o profesor Carmona.
O patrimonio dos portos na época industrial vai moito máis alá da función de refuxio. As mercadorías, aduanas, seguros, consignatarios, aspectos organizativos, estibadores, son tamén patrimonio. O porto é resultado de 3 elementos (Segundo Michael Miller https://www.cambridge.org/core/books/europe-and-the-maritime-world/28A55...) 1) A evolución do hínterland: subministro e consumo de mercadorías. 2) cuestión externas: que entra no porto? Que ven e de onde ven? E 3= Relación entre o porto e a cidade que o soporta e viceversa. O que move marca a fasquía do porto.
A elaboración da nosa historia portuaria é pobre, apunta Carmona. O patrimonio merece un inventario, un relato e un estudo. Por exemplo, o Arsenal de Ferrol está incluído nun dos bens de interese cultural do Estado, pero hai moitas mais posibilidades para divulgar a súa importancia e de outras zonas costeiras.
Publica o teu comentario agora