ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O tramo da autovía AG-64 entre As Pontes e Cabreiros ábrese ao tráfico o vindeiro martes. Ferrol quedará máis perto de Vilalba ao poñerse en servizo estes 9 quilómetros de vía rápida que incluen o rodeo de As Pontes e que polo tanto evitará o tránsito polo núcleo urbano da vila mineira e sacará o tráfico interurbano do centro da vila.
Para completar a AG-64 haberá que agardar ata outubro do 2009, cando está previsto que se rematen os 13,4 quilometros que separan Cabreiros da capital da Terra Chá. A apertura deste novo tramo da AG-64 realízase tras un considerable retraso motivado por dificultades xurdidas durante o período de execución. A autorización de escavacións no círculo lítico da Mourela freou a intervención durante máis dun ano.
O tramo que resta, entre Cabreiros e Vilalba custa 37,4 millóns de euros. O seu contrato de adxudicación asinouse o 14 de agosto do 2007, cun período de execución de 22 meses. Cando se abra, percorreráse a distancia entre Ferrol e Vilalba en media hora.