ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Contan os días na parroquia de Sillobre para a celebración das súas festas do verán. Están ao caer as dedicadas a Santa Mariña e a Virxe do Carme. O programa festivo vai o 17 ao 19 de xullo. Eses días cadran no medio da semana, de mércores a venres, pero iso non lle resta entusiasmo á veciñanza, segundo nos contaron Bruno Aneiros e Jael Díaz, da comisión de festas.
“A parroquia sempre se porta, non podemos queixarnos”, asegura Bruno. Jael incorporouse este ano á comisión e valora positivamente a experiencia. “Estou contento, paréceme divertido, ao mellor é un pouco latoso pedir polas casas porque hai xente que non está e hai que facer repaso”. A Charanga Carmiña percorrerá o día 17 Sillobre anunciando os festexos. O Grupo Pasión e a Orquestra Mago actuarán o xoves 18. A Orquestra Trébol e o Grupo CQC animarán o ambiente o venres 19.
En Sillobre tamén celebran a festa de San Ramón e San Roque, do 30 de agosto ao 1 de setembro. Este ano os festexos caerán en fin de semana. Iso ten un lado positivo, pero tamén inconvenientes. “As orquestras son máis caras, hai que axustar o peto, non podes xogar con cartos que non tes”, comenta Bruno. Ademais da Charanga Carmiña, o programa festivo inclúe a Orquestras Galia e Atenas e os Dúos Boreal e Estrellas.
Publica o teu comentario agora