ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Explorar baseándose no que xa está feito, porque “se funcionou e triunfou, é por algo” e non pode haber erro algún en mesturar o que ten sido un éxito no pasado e traelo cara ás novas propostas musicais.
Con este punto de partida Alberto Prado e Sergio Vallejo, dous DJ’s coruñeses, uníronse para achegarnos unha proposta musical que está a contar co éxito do público máis novo, o proxecto Galician Army, un exército de dous que move a moita xente.
Coñecéronse nun concurso de DJ´s na Coruña e déronse conta que as súas seleccións musicais eran moi semellantes, dese descubrimento a poñerse a traballar xuntos non mediou nada e cadraron á perfección para achegarse a un proxecto musical que medra dende a remestura de temas de autores máis que coñecidos a empezar a facer composición plena.
Levar as pezas e as voces, “nós non sabemos cantar” din a coro, de temas xa clásicos como o de Luar na Lubre ou Xoel López, remesturalos e achegalos ás novas xeracións é a marca da casa, cunha música que navega dentro do son electrónico experimental e sintetizadores que lembran a música electrónica dos anos 80, mesturas de distintas xeracións que non chocan nin entran en conflito.
Para “Nós” o primeiro longa duración de Galician Army, editado no 2023, contaron coa complicidade dos autores das pezas remesturadas, ata o extremo de que algún deles amosouse disposto a gravar as voces novamente para que encaixaran mellor na proposta de Alberto e Sergio. A resposta destes artistas foi fabulosa, Fillas de Cassandra, Xosé Lois Romero, Xoel López, etc, participaron nesta arriscada e exitosa proposta, mesmo vindo duns “recen chegados”.
Fotografía: Lorena Teijeiro
Publica o teu comentario agora