ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O transporte de carbón de Ferrol a As Pontes normalizaráse mañá martes. Os camioneiros ratificarán esta tarde o acordo ao que se chegaron o pasado venres e mañá comezarán a traballar con normalidade, segundo todas as previsións. O pasado xoves Endesa decidiu apagar dous dos catro grupos de xeneración que posue a planta para dosificar as provisións de combustible existentes.
Ata o momento o carbón almacenábase nas inmediacións de Caneliñas, no porto exterior de Ferrol. Alí acumúlanse 460.000 toneladas do mineral, polo conflicto dos transportistas. Agora, segundo o preacordo alcanzado o venres, asinaráse un contrato individualizado entre a empresa concesionaria Estéllez e cada un dos 121 camioneiros que participan no transporte de carbón. O prezo a pagar por tonelada transportada alcanzará os 3,50 euros durante o ano 2009, e 3,53 durante o 2010. A partir do 2011 o prezo axustaráse co IPC.