O transporte urbano de Ferrol denuncia a cerrazón do concello perante a súa caótica situación

O transporte urbano de Ferrol denuncia a cerrazón do concello perante a súa caótica situación

05 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos CIG, CCOO e UXT demandan unha reunión a tres bandas, empresa de transportes urbanos de Ferrol, comité de empresa e concello para acordar que coas obras que se fagan na cidade se realice un plan de transportes. Un proxecto de obras no que consten os percorridos alternativos, as paradas provisionais, cando se curtan as rúas e a duración previsible das obras. Esixen ademais que o concello ferrolán, a través do seu gabinete de prensa, informe permanentemen

“O concello non está a facer ben as cousas e debe informar no momento cando e canto se vai a pechar unha rúa”, sinalou o representante da CIG Transporte, Xesús Pastoriza. Os sindicalistas explicaron que cos traballos da Estrada de Castela se crearon 7 novas paradas mal deseñadas xa que cando rematen as obras impedirán deixar cadeiras de rodas dos minusválidos. Os buseiros laiánse do acoso constante que sufren por mor das obras nas rúas ferroláns. Segundo José Luis Taboada, de UXT, deixanlles espazos reducidos e desviannos polos sitios máis lonxanos prexudicando aos viaxeiros e á calidade do servizo. Reclaman traballar baixo unhas condicións mínimas que garantan a calidade do seu traballo. As consecuencias desta situación xa se reflicten en perdas de usurarios e ven perigar postos de traballo se non se actúa ao respecto. En xullo, o número de viaxeiros descendeu nun 4,15%, un 4,92 en agosto e en setembro caeu ao 9,67%. “Se continúa esta sistemática poden perigar postos de traballo”, subliñou o representante sindical de CCOO, José Manuel González.

Desde as centrais sindicais sinálase que o concello ten constancia da perda de viaxeiros  e fan caso omiso das súas peticións. “A simple retirada do material de obra acumulado nas paradas non implica custe algún e non se fai”, indicou González. Unha das paradas principais da cidade, a do Inferniño, leva 6 meses pechada polo acopio dos refugallos. Na  parada de Castelos, utilizada principalmente por minusválidos, é outra das grandes afectadas.

Os tres sindicatos reuniranse nas vindeiras semanas cos grupos políticos con representación na corporación ferrolán para darlles a coñecer a situación. Ademais buscarán o apoio das asociación de veciños e de minusválidos da cidade para que se sumen as súas reivindicacións. “Pérdense viaxes, viaxeiros e mentras o concello posiciónase como abanderado do transporte público”, ironizaron.

A folga, prevista para o 26 de novembro, é unha chamada de atención ao concello de Ferrol para que “tomen en serio” as súas reivindicacións. “Só queremos garantir un servizo de calidade e os nosos postos de traballo”, subliñaron os tres representantes sindicais.

Sociedade