O trasatlántico de Negreira

O trasatlántico de Negreira
27 de Abril, 2026 - 12:04 h. | Publicada por Radio Fene

Próxima parada: O "transatlántico" Negreira. O calendario da Preferente Futgal non dá respiro e o Maniños recibirá a próxima xornada no Pote ao Negreira, segundo clasificado e un dos equipos máis potentes da categoría. Tras a mala imaxe ofrecida en Betanzos, o técnico agarda unha reacción inmediata dos seus: "Temos que reflexionar e apertar os dentes ante a nosa xente; non podemos repetir a sensación de onte".

Fotografía Xan Xe

O Maniños sofreu ante o Betanzos e pon o foco na recuperación psicolóxica de cara á final de Copa. O conxunto fenés caeu derrotado ante un Betanzos moi superior que non deu opcións (9-1). O técnico, Adrián Martínez, amosouse moi crítico coa falta de intensidade e xa pensa en "apertar os dentes" para recibir ao Negreira no Pote.

Dura xornada para o Cultural Maniños na súa visita ao campo do Betanzos. O equipo local, que marcha terceiro na clasificación de Preferente, impuxo un ritmo e unha intensidade que os feneses non foron quen de seguir. "Empezamos moi mal o partido e rematamos exactamente igual; a diferencia de ritmo foi abismal", recoñeceu o adestrador Adrián Martínez tras o encontro.

Máis alá do resultado, o técnico lamentou que o partido non servise como banco de probas positivo para a vindeira final de Copa diante do Val: "Simplemente serviu para saber o que non se pode facer. Non fomos capaces de competir nin nese punto de mentalidade necesario para unha final".

Incógnita sobre a sede da Final de Copa

Con respecto á gran cita do sábado 23 de maio, a ubicación definitiva segue no aire. Aínda que algunhas aplicacións sinalan O Pote como sede, Adrián Martínez aclarou que a Federación busca un campo de herba natural neutral para que o partido sexa "máis bonito". "O que está claro é que na nosa casa non vai ser", confirmou.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora