ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O secretario xeral do PSdeG PSOE Xosé Ramón Gómez Besteiro censurou esta mañá a actuación da Xunta de Galicia no "caso Villares". "Sabían a existencia da denuncia desde febreiro e ocultaron o caso" criticou Besteiro.
O secretario xeral do PSdeG ironizou coa apelación ao “rearme moral” por parte de Feijóo na manifestación de onte: “O di quen foi amiguísimo de Marcial Dorado, quen mantén a Mazón como presidente e quen nunca tivo unha soa palabra para as vítimas da pandemia mortas sen atención médica en Madrid por orde da presidenta desta comunidade. Besteiro se referiu á obriga que teñen os dirixentes do PP, segundo os seus propios estatutos, de comunicar este tipo de situacións (refírese á denuncia por agresión sexual formulada ao ex-conselleiro do Mar Alfonso Villares) ao presidente do partido. “Se Rueda lle contou a Feijóo o que pasara, estamos ante dous dirixentes que o ocultaron durante meses, e iso implica responsabilidades políticas”. Denunciou tamén que Rueda viñera coas mans vacías da Conferencia de Presidentes: “Perdimos millóns de euros para vivenda porque preferiu facer de comercial do PP que de presidente de Galicia. "Rueda non é un presidente, xa é un problema para Galicia".
Aclamación ao presunto agresor
Tamén se referiu á denuncia contra Villares, Angel Mato reelexido secretario xeral dos socialistas ferroláns. Mato censurou o pésimo trato de institucións ante a denuncia de agresión sexual por parte dunha muller ferrolá contra un conselleiro da Xunta de Galicia. "Protagonizaron un acto de aclamación e vitores ao presunto agresor desentendendose da vítima", salienta o ex alcalde de Ferrol.
O ex conselleiro do Mar Alfonso Villares foi despedido con todos os honores da Xunta de Galicia e cunha efusividade descoñecida no presidente Rueda que o abrazou na toma de posesión da nova conselleira, segundo denuncia Ana Pardo de Vera nun artigo no periódico Público:
www.publico.es/opinion/columnas/victima-conselleiro.html
Para Pardo de Vera a vítima “afundiu a carreira -un intre nada máis, segundo Rueda, que xa da por absolto ao seu amigo Villares- dun político exitoso e o presunto, encima, dimitiu con toda a súa cabaleirosidade e gallardía para renunciar a un aforamento que o levaría de cabeza ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), onde din as malas linguas (habelas, hailas) que o PP non ten vara de mando, ou non tanta como neses pequenos xulgados de Ferrol, un deles que levará o caso. E dincho así os propios da Xunta, sen pelos na lingua, porque son moi conscientes da inxustiza cometida co seu (ex)compañeiro, sentencian (sic): “Alí poderá defenderse en condicións”, ou sexa, sen que se filtre nada ou o menos posible do atestado policial que xa ten Rueda desde febreiro”.
Publica o teu comentario agora