O trazado curvo da ponte das Pías

O trazado curvo da ponte das Pías
16 de Outubro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A  ponte das Pías entre Fene e Ferrol inaugurouse o  mércores 16 de outubro de 1968. O volume xeral da actuación alcanzou os 246 millóns de pesetas. A infraestrutura reduciu a distancia entre Fene e Ferrol a oito quilómetros. Había expectación e cando se abriu ao tráfico máis dun milleiro de vehículos circularon entre Fene e Ferrol. Ten dous quilómetros cen metros. Porque ten un trazado curvo en lugar dunha liña recta que reduciría as distancias entre a punta das Pías e a zona do Montón?

ESCOITA O PODCAST:
Trazado curvo da ponte das Pías entre Fene e Ferrol

O encargado da obra Fidel Cibeira lembraba en 2014 en Radio Fene que Franco non acudiu á inauguración. Veu e pasou pola ponte un mes e medio antes mais ou menos. Disque a ponte non lle gustou ao ditador e por iso decidiu non estar presente nun evento moi importante para as comunicacións na comarca. Cibeira lembra tamén o accidentado das obras polos temporais. Houbo dúas mortes de traballadores, un afogado polo mal tempo. Para a construción da ponte, viña todas as semanas un autobús con traballadores da zona de Muras.  
Por que a ponte das Pías ten un traxecto en curva? O encargado da obra desvelounos a razón para ese deseño, indicando que se realizou así atendendo á solicitude de Astano, xa que a dirección do estaleiro temía que unha ponte en liña recta desde a punta das Pías ata o Montón, dificultara as manobras das botaduras dos grandes petroleiros que daquela se construían na factoría. 
 

Institucional

Publica o teu comentario agora